miércoles, 27 de enero de 2016

INVERNO

Desde que chegamos ao cole tras o Nadal, coa profe Nerea estivemos indagando un pouco máis sobre cousas do inverno. Nesta ocasión nos detivemos a observar distintos paisaxes desta estación e comprobamos que en todos se repetian as mesmas cores e como non, a neve era algo moi característico, ( "pena que aquí non neve", como dicían eles).
Por outra banda, indagamos sobre cómo eran os copos de neve e vimos que había de moitas formas. Por iso, nin curtos nin preguiceiros, puxémonos "mans á obra" para facer o noso mural da aula coas cores características do inverno, facendo mesturas para que saísen azuis máis claros ou máis escuros así como tamén cada un deixou voar a súa creatividade e imaxinación para facer o seu propio copo de neve. (Disto non temos fotos...pola culpa da "memoria de peixe" da profe...)
Tras isto, un día chegou a profe cunha bolsa que tiñamos que tocar....Que fría estaba! pensamos que podía haber dentro e....Sería xeo? Ao descubrilo, pensamos de ónde podía saír ese xeo taaan raro e aínda que moitos pensaban que a profe estivera en Laponia con Papá Noël (jejeje), ao final, chegamos á conclusión de que o trouxera do seu conxelador porque mesturara pintura con auga. E...claro...xa que tiñamos iso aí...decidimos PINTAR CON XEO!!
Que actividade taaan divertida! onde cada un ademais de divertirse (as caras dino todo), puideron traballar, entre outras cousas,  a motiricidade fina, a diferenciación de cores e gradualos de máis claros a máis escuros, as características do inverno, deixar voar o seu "eu" máis creativo e como non, aprender a pensar, sacando concusións e dialogando entre todos respectando as opinións dos demais.

A continuación podedes ver a nosa experiencia...CONXELADORA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario