Despois de coñecer a labor que fan os policías na cidade de Vigo, hoxe fomos visitar aos bombeiros para coñecer cal é o seu traballo.
Contáronnos todos os servicios que fan na nosa cidade: apagar incendios, rescatar xente de inundacións, excarcelar en accidentes... e moitas cousas máis!
Puidemos montar todos no camión, e os profes e dúas mamás puideron subir o máis alto da escada do camión. Subiron más de 30 metros!!!
Bruno, un experimentado bombeiro, explicounos paso a paso como é o traxe, e todos os utensilios que empregan no seu traballo.
Foi unha saída xenial, onde puidemos poñernos na pel dun bombeiro.
Se non fose polas nais e pais que nos acompañaron con paraugas, non íamos poder ir ata o parque de bombeiros, xa que choveu moito. MOITAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS!!!!!
Podedes ver e descargar as fotos aquí. Zona de los archivos adjuntos
No hay comentarios:
Publicar un comentario