martes, 15 de diciembre de 2015

PARABÉNS MANUEL

Fotos

Traballo de alternativa





Moi boas de novo familias. Son a profe Nerea, e para dar por finalizado xa o primeiro trimestre na clase de alternativa, queremos compartir con vós a nosa última faceta, e é que...cada un de nós levamos dentro un auténtico cantante e actor! Non volo creedes? Pois abride ben os ollos porque a nosa última investigación foi sobre os NOSOS DEREITOS, e para iso, fixemos...¡¡¡¡ un videoclip!!!jejeje.

O día dos dereitos dos nenos e nenas, como sabedes, foi o mes pasado, pero como tamén sabedes, "as cousas de palacio van despacio" e todo necesita un proceso para a súa elaboración. Ademáis, todos e cada un de nós chegamos á conclusión de que o día dos dereitos dos nenos e nenas son TODOS, así que nunca é tarde para recordar a todo o mundo cales son estes dereitos, verdade???.

Sen máis rodeos, a continuación tedes un video de cómo foi o noso proceso para poder levar a cabo esta actividade, na cal traballamos outros moitos valores como: traballo en equipo, respecto polas distintas opinións ou afianzar a nosa autoestima, pero sobre todo, pasamos uns días cargados de moitas risas, complicidade e gardando un gran segredo sen contar nas nosas casas o que estababamos a tramar na aula, jejeje.

https://www.youtube.com/watch?v=tJKl-9kUH-c



Seguro que agora tendes unhas ganas enormes de ver o resultado final así que....AQUÍ O TENDES! Desexamos que vos guste tanto coma a nós!!!

https://www.youtube.com/watch?v=cFNA5XbkyEc

jueves, 10 de diciembre de 2015

Carta aos reis e postal do Nadal

Outros anos íamos a oficina de correos para enviar a carta aos reis magos, pero este ano propuxéronnos unha actividade de porlle o cuño a unha postal e polo tanto viu correos a nosa clase.
fotos aqui
A postal que recibiredes nas vosas casas ten agochada unha sorpresa que teredes que visionar co aurasma; Se non lémbrades como visionalo premede aqui

jueves, 19 de noviembre de 2015

NAI DE SARA

HOXE TIVÉMOLA VISITA DA NAI DE SARA QUE CONTOUNOS O CONTO DO RATONCIÑO PÉREZ E LOGO FIXEMOS A DECORACIÓN  DUN COFRE PARA GARDAR OS DENTES.
FOTOS AQUI

miércoles, 18 de noviembre de 2015

PAI DE CARLOTA


Hoxe estivemos na clase de Rubén e tivemos unha actividade moi especial, unha revisión veterinaria en vivo e en directo, da man de Víctor, o pai de Carlota. Revisou a pel, os dentes e ensinounos un montón de cousas sobre o coidado dos cans.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

TRABALLO DE ALTERNATIVA COA MESTRA NEREA



Moi boas familias, son a profe Nerea!!! as nenas e nenos do profe Rubén e tamén os da profe Mónica que imos á clase de Valores, estamos a interiorizar de xeito lúdico e participativo unha chea de valores que sempre están presentes no día a día nas nosas aulas coma a amizade, a axuda, o respeto... pero nestes últimos días grazas a unha visita moi inesperada ( un contenedor de lixo que deixounos unha mensaxe de voz!!) animounos a traballar sobre o medio ambiente, e co grandes traballadores que estamos feitos non poidemos dicir que non. Queredes ver todo canto aprendemos e sobre todo...o ben que o pasamos??? mirade o seguinte video:
 Agora vos deixamos outro video para mostraros a nosa puntería, a nosa imaxinación para reutilizar e as nosas ganas de aprender xogando!
https://www.youtube.com/watch?v=ii33WuPK4IU




Zona de los archivos adjuntos Vista previa del vídeo Reutilizamos En Ceip Balaidos de YouTube

Nai de Lúa

Hoxe tivemos un obradoiro de Samain dirixido pola nai de Lúa, fixemos cabazas, morcegos, pantasmas e momias.
fotos aqui

martes, 3 de noviembre de 2015

PAIS DE MANUEL

Hoxe fixemos unhas arañas terroríficas coa nai e o pai de Manuel, foi divertido e moi ricoooo
fotos aqui

miércoles, 28 de octubre de 2015

Actividades musical

 

Hoxe o alumnos de 4 anos asistiron a unha actividade musical organizada polo equipo de normalización lingüística do noso centro.
Dous músicos viñeron a ensinarnos distintos instrumentos e cancións moi divertidas.
Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos.

Podedes descargar as fotos aquí.

VOZ DE GALICIA

Saímos no xornal (clicade)

Nai Daniel Lareo


Hoxe fixémos galletas coa nai de Daniel Lareo ,para nós, pero o relacionamos tamén co proxecto das mascotas xa que hai premios de galleta para os cans.
Primeiro por o mandil
Segundo lavar as mans
Terceiro engadir manteiga nu bol
Cuarto engadir azucre
Quinto engadir fariña
Logo un toque de vainilla e amasar e dar forma

Por último no forno e listas para comer
fotos e peli (clicade)

SAMAIN

Coa chegada do Samaín a nosa clase e o corredor trocan cun aspecto tenebroosoooooo

jueves, 22 de octubre de 2015

PAIS DE DANIEL LAREO

ONTE VIÑERON OS PAIS DE DANIEL LAREO PARA ENSINARNOS O SEU FORMIGUEIRO, A NAI EXPLICOUNOS OS COIDADOS E O PAI CONTOU O CONTO DA CIGARRA E A FORMIGA.
 DURANTE UNHA SEMANA IMOS A TER O FORMIGUEIRO NA CLASE.
FOTOS AQUI

viernes, 16 de octubre de 2015

OBRADOIRO DE PAN


Hoxe en educación infantil tivemos un obradoiro de pan de man do persoal que traballa na panadería "El Trigal".
Primeiro explicáronnos como o pan se fai mesturando de levadura, sal, fariña e auga. Logo nas clases, cada un montou o seu bocata con embutido traído da casa.
Os venres das próximas dúas semanas os panadeiros de "El Trigal" traerán de novo outros tipos de pan para ir probando distintos cereais.



Podedes descargar as fotos dende aquí.

jueves, 8 de octubre de 2015

PARABÉNS ALMA

HOXE FOI O CUMPLE DE ALMA FOTOS AQUI

O pato raio cobra vida!!

Dentro do noso proxecto das mascotas seguimos a traballar a figura da nosa mascota: o pato Raio. Hoxe os peques levarán un traballo que axudou a mellorar as capacidades de seriación, as letras (especialmente as vogais) e a súa grafía, e a escoita activa dunha pequena poesía.
Como fixemos o ano pasado, este traballo está enriquecido con realiadde aumentada co Aurasma. Podedes usar calquer dispositivo para velo. Se queredes  recordar como facelo, tedes aquí este titorial.

sábado, 3 de octubre de 2015

NAI DE NOELIA

O VENRES TIVÉMOLA VISITA DE TEKEN O GATO DE NOELIA, EXPLICÁRONNOS QUE COIDADOS PRECISA E TAMÉN PUIDEMOS ACARICIALO XA QUE É MOI BOIÑO. FOTOS AQUI

viernes, 2 de octubre de 2015

jueves, 1 de octubre de 2015

NAI DE ALESSIA

HOXE TROUXERON CARACOIS E QUEDARON NA CLASE PARA COIDALOS, ADEMÁIS FIXEMOS CARACOIS DE PLASTILINA E CONTÁRONNOS UN CONTO DUN CARACOL FOTOS AQUI

NAI KIARA

ONTE ESTIVO CON NÓS CHICHA UNHA CANCIÑA DE KIARA MOI BOIÑA QUE DEIXOU QUE OS/AS NENOS/AS DÉRANLLE AGARIMOS FOTOS AQUI

viernes, 25 de septiembre de 2015

PROXECTO DAS MASCOTAS

Temos xa en marcha o proxecto dás mascotas e algunhas son:





Fotos aqui

PAI DE VIOLETA

O pai de Viioleta explicounos  como coidar  de AMAPOLA un peixe (carpa) e durante uns días teremos que coidala, logo deunos un debuxo para que o coloreasen




Fotos aqui

jueves, 17 de septiembre de 2015

lunes, 15 de junio de 2015

Lembrazas de Filgueira valverde

LEMBRANZAS (clicade) como este ano o día das letras galegas está adicado a Filgueira Valverde, a parte de traballar vocabulario en galego tamén nos baseamos neste  autor

jueves, 11 de junio de 2015

Os cabalos


E por fin chegou o día de ir a montar a cabalo!! Foi unha experienca incrible. Puidemos poñer en práctica todos os coñecementos que fomos adquirindo durante o proxecto, así como descubir un montón de cousas novas que non sabiamos.
Puidemos montar en poni, ver o rápido que corren os cabalos, coñecer como son as cuadras onde viven e o que comen.
Todos fomos moi valentes e o pasamos estupendamente.

Podedes descargar as fotos dende aquí.

martes, 9 de junio de 2015

PAI DE DANIEL L

HOXE MARTES VIU A CONTARNOS UN CONTO MOI DIVERTIDO O PAI DE DANI, NAI E IRMÁ, ELES ESTIVERON MOI ATENTOS, E DEPASO TRABALLÁMOLAS EMOCIÓNS

PARABÉNS NOELIA

Un neno de segundo de primaria

Hugo un neno de segundo de primaria tivo a interese de vir contarnos un conto o lúns sobre cabalos, xa que este é o seu animal favorito, e os nosos nenos/as estiveron moi atentos

martes, 2 de junio de 2015

Pai de Carlota

Victor é o pai de Carlota unha nena da clase de Rubén e como é veterinario foi a clase de Rubén a contarlles algo máis sobre cabalos, e eu lle pedín que viñera a nosa clase tamén, xa que nós tamén estamos co proxecto dos cabalos, e ata algún puido montar nunha cadeira de montar nos ponis. MOITAS GRAZAS VICTOR


PAI e Nai de Samuel

Hoxe viñeron o PAI e a Nai de SAMUEL a contárnolo conto de Cars, e estiveron  moi  atentos

viernes, 29 de mayo de 2015