martes, 15 de diciembre de 2015

PARABÉNS MANUEL

Fotos

Traballo de alternativa





Moi boas de novo familias. Son a profe Nerea, e para dar por finalizado xa o primeiro trimestre na clase de alternativa, queremos compartir con vós a nosa última faceta, e é que...cada un de nós levamos dentro un auténtico cantante e actor! Non volo creedes? Pois abride ben os ollos porque a nosa última investigación foi sobre os NOSOS DEREITOS, e para iso, fixemos...¡¡¡¡ un videoclip!!!jejeje.

O día dos dereitos dos nenos e nenas, como sabedes, foi o mes pasado, pero como tamén sabedes, "as cousas de palacio van despacio" e todo necesita un proceso para a súa elaboración. Ademáis, todos e cada un de nós chegamos á conclusión de que o día dos dereitos dos nenos e nenas son TODOS, así que nunca é tarde para recordar a todo o mundo cales son estes dereitos, verdade???.

Sen máis rodeos, a continuación tedes un video de cómo foi o noso proceso para poder levar a cabo esta actividade, na cal traballamos outros moitos valores como: traballo en equipo, respecto polas distintas opinións ou afianzar a nosa autoestima, pero sobre todo, pasamos uns días cargados de moitas risas, complicidade e gardando un gran segredo sen contar nas nosas casas o que estababamos a tramar na aula, jejeje.

https://www.youtube.com/watch?v=tJKl-9kUH-c



Seguro que agora tendes unhas ganas enormes de ver o resultado final así que....AQUÍ O TENDES! Desexamos que vos guste tanto coma a nós!!!

https://www.youtube.com/watch?v=cFNA5XbkyEc

jueves, 10 de diciembre de 2015

Carta aos reis e postal do Nadal

Outros anos íamos a oficina de correos para enviar a carta aos reis magos, pero este ano propuxéronnos unha actividade de porlle o cuño a unha postal e polo tanto viu correos a nosa clase.
fotos aqui
A postal que recibiredes nas vosas casas ten agochada unha sorpresa que teredes que visionar co aurasma; Se non lémbrades como visionalo premede aqui