viernes, 17 de junio de 2016

BOMBEIROS

Despois de coñecer a labor que fan os policías na cidade de Vigo, hoxe fomos visitar aos bombeiros para coñecer cal é o seu traballo.



Contáronnos  todos os servicios que fan na nosa cidade: apagar incendios, rescatar xente de inundacións, excarcelar en accidentes... e moitas cousas máis!

Puidemos montar todos no camión, e os profes e dúas mamás puideron subir o máis alto da escada do camión. Subiron más de 30 metros!!!

Bruno, un experimentado bombeiro, explicounos paso  a paso como é o traxe, e todos os utensilios que empregan no seu traballo.



Foi unha saída xenial, onde puidemos poñernos na pel dun bombeiro.





Se non fose polas nais e pais que nos acompañaron con paraugas, non íamos poder ir ata o parque de bombeiros, xa que choveu moito. MOITAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS!!!!!


Podedes ver e descargar as fotos aquí. Zona de los archivos adjuntos

No hay comentarios:

Publicar un comentario